Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos teóricos da materia
Solución de problemas Nestas sesións abordarase a resolución de exercicios prácticos relacionados co deseño de algún dos equipos empregados no tratamento dos contaminantes.
Traballos tutelados Cada alumno/a realizará un traballo profundizando nalgún aspecto dun dos temas que se abordarán nas sesións maxistrais.
Presentación oral O/A alumno/a realizará unha presentación en 15 min. do traballo realizado.
Proba mixta Ao final do curso, nas datas previstas para elo, realizarase unha proba escrita que formará parte da avaliación.