Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos teóricos da materia
Solución de problemas Nestas sesións abordarase a resolución de exercicios prácticos relacionados co deseño de algún dos equipos empregados no tratamento dos contaminantes.
Portafolios do alumno En cada un dos 3 bloques temáticos, o alumnado realizará, individualmente ou en grupo, un traballo baseado en artigos de investigación proporcionados polo profesorado, co obxecto de afondar nalgún dos aspectos tratados na aula. O último día de aula, de cada bloque, o alumnado fará unha breve exposición oral do traballo.
Proba mixta Ao final do curso, nas datas previstas para elo, realizarase unha proba escrita que formará parte da avaliación.