Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A7 A11 A13 A14 A15 A16 A20 A21 A25 B1 B3 B4 B5 C2 Para a súa avaliación, se solicitará ao alumnado a realización e entrega dalgúns dos exercicios propostos. 15
Traballos tutelados A14 A16 A20 A21 A22 A24 B6 C2 C5 C8 O/A alumno/a realizará o traballo a partir de 3-5 artigos de investigación relacionados co temario. 25
Presentación oral A14 A16 A24 B7 O/A alumno/a realizará unha presentación oral do seu traballo, que terá unha duración aprox. de 15 min. 10
Proba mixta A13 A14 A16 A24 B2 B3 B7 C6 Na proba, que terá lugar no período establecido de exames, valoraránse os coñecementos adquiridos polo alumno. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba mixta, e unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima na proba mixta, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).

Na segunda oportunidade só é posible mellorar a cualificación da proba mixta.

Só os alumnos que non realicen ningunha das actividades avaliables terán a consideración de "non presentados".

Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.

O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, polo que, non se manterá ningunha das cualificacións obtidas no curso seguinte.

No caso de alumnado con dispensa académica adoptaranse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia, flexibilizando os horarios de entrega de exercicios e presentación oral.