Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A30 Avaliación continua. 20
Traballos tutelados A6 A22 A23 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 Traballos elaborados polos alumnos e presentación dos mesmos. 30
Proba obxectiva B8 Cuestionarios eliminatorios dos contidos teóricos da asignatura. 50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases prácticas de gabinete (incluíndo a entrega dos exercicios solicitados) e a elaboración dos traballos de seminario son condicións necesarias para ser avaliado. A participación nas prácticas e realización dos traballos suporá o 50% da cualificación final (prácticas: 20% e traballos: 30%). Os dous exames dos contidos teóricos representan o 50% da mesma. Para superar a materia, os dous exames teñen que estar aprobados (5 sobre 10). Adicionalmente valorarase a presentación dos seminarios, así como a participación activa neles, asistencia e participación nas tutorías, saída campo, visita AEMET, etc., puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final. Os estudantes que non superen a materia na Primeira Oportunidade serán avaliados nos exames oficiais da Segunda Oportunidade. Esta convocatoria avaliarase do mesmo xeito (porcentaxes), mediante exame dos contidos teóricos e prácticos e entrega dos traballos de seminario. Para obter a cualificación de NON PRESENTADO, os estudantes non poderán participar en máis dun 40% das actividades avaliables programadas.

Todas as observacións previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial. Casos excepcionais: no caso de que os estudantes, por razóns debidamente xustificadas, non puideran realizar todas as probas de avaliacion continua, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas a tal efecto. Para a concesión das Matrículas de Honra priorizarse aos alumnos de primeira oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondiente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.