Materias que se recomenda ter cursado previamente
Citoloxía/610G02007
Histoloxía/610G02008
Introdución á Botánica: Botánica xeral/610G02023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisioloxía vexetal II/610G02028
Zooloxía II/610G02032

Materias que continúan o temario
Bioloxía do desenvolvemento/610G02010
Fisioloxía Animal I/610G02035
Fisioloxía Animal II/610G02036

Observacións
<p> Recoméndase:A asistencia ás clases maxistrais, sesións de discusión dirixida e clases prácticas de laboratorio e a participación activa nas súas actividades ao longo do curso, para asegurar que se comprenden os termos e conceptos aos que se fai referencia. O traballo non presencial do alumno preparando previamente a clase teórica e práctica, axudándose da bibliografía recomendada e dos recursos web que se porán á súa disposición. A revisión semanal da materia impartida para comprender a información obtida en clase. Aclarar co profesor as posibles dúbidas nas tutorías individualizadas ou en grupo, o que facilitará a comprensión da materia e axudará á elaboración das actividades propostas. É importante dedicar especial atención á observación de fotos e imaxes en libros, atlas e preparacións de prácticas; tratar de recoñecer nelas o que se describe no texto ou na clase teórica. Aconséllase tapar o pé da foto e tentar facer un diagnóstico da imaxe que se observa (autoevaluación). A visita periódica á páxina web da materia (Facultade virtual: https://moodle.udc.es), onde se inserirán ligazóns e o material utilizado nas clases maxistrais. </p>