Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consiste nuhna sesión de presentación da asignatura donde exporase e explicarase o obxeto e obxectivos da materia, a súa estructuración, as actividades, os criterios de avaliación, etc... (todos eles contidos de xeito breve na guía docente), e donde o alumno/a poderá resolver calquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos
Sesión maxistral As sesións teóricas (modalidad e de clases invertidas) serán de 50 minutos, nas que se abordarán os temas do programa previstos no organigrama da asignatura, e sobre o que o estudante xa deberá ter traballado con anterioridade a partir dos textos recomendados e o documento editado polo docente a súa dispor. Na sesión analizaranse os conceptos mais importantes e complexos e resolveranse as dúbidas xurdidas no traballo personal ou nas actividades que se realizaren na sesión (estudo de casos e problemas, deseño e interpretación de experimentos, actividades gamificadas...)
Discusión dirixida En cada sesión de seminario presentarase e discutirase entre todos os participantes un aspecto ou tema da materia planificado no organigrama. Os alumnos deberán preparar pola súa conta o tema ou parte do tema previsto e que o profesor poderá asignar. O profesor asistirá as dúbidas que poidan xurdir na elaboración do mesmo.
Prácticas de laboratorio As prácticas representan o complemento indispensable ás leccions teóricas onde se abordan algúns dos procesos do desenvolvemento animal e se profundíza nalgún de eles.
Proba mixta O exame será escrito e composto de preguntas de resposta breve sobre aspectos da asignatura tratados tanto nas leccións teóricas, seminarios e prácticas.