Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A4 A13 A29 A30 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B12 Asistencia obligatoria. Evaluación continua durante el desarrollo de las mismas (5%).
Examen (15%)
A non realización das prácticas impide a superación da materia
20
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B4 B8 B9 Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e seminarios. Como máximo suporá o 80% da nota total da materia.

80
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio para ser avaliado/a, así como entregar en tempo e forma as tarefas que poidan ser establecidas como obrigatorias nos seminarios.

A non realización das prácticas impide a superación da materia, polo que o alumnado que non as realice non pode presentarse a exame (proba mixta). Deberase superar tanto as prácticas coma a(s) proba(s) mixta(s) para superar a materia

Para superar as prácticas, ademais da asistencia, é imprescindible aprobar o exame correspondente

Baseándose na avaliación continua poderá valorarse especificamente a progresión de cada estudante ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto

Para a consideración de "NON PRESENTADO" non deberá terse realizado a proba mixta.

No caso de non aprobar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberá superarse a parte non aprobada. Se é a proba escrita, repetindo esta (tendo en conta que inclúe a parte das sesión maxistrais e dos seminarios). Se son as prácticas, repetindo o exame. Se non se realizaron as prácticas non se superará a materia.  Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primeira opción, non poderá concederse ninguna na segunda opción aínda que se obteña a máxima nota


No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente ó alumnado en que concorra de parte do proceso de avaliación. Dito alumnado tería que someterse a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda oportunidade teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a calificación obtida no exame teórico e a correspondente á parte práctica (ver máis arriba formato de ámbolos dous exames), representando éstas o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente