Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado na que se desenvolverá o programa teórico da materia.
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán obrigatoriamente as prácticas de laboratorio, que se farán en grupo. Introducirase o alumno na utilización de diferentes técnicas de análise e estudo de microorganismos. Ademais, exporanse análises microbiolóxicas para diferentes casos prácticos e exercerase a crítica científica.
Seminario Traballos en grupo reducido nos que se presentarán, de maneira razoada, os resultados que previamente obtiveron nas distintas prácticas de laboratorio, traballándose asimesmo a expresión e interpretación dos mesmos.
Estudo de casos Ao alumno formularáselle polo menos un suposto práctico, no que deberá indicar razoadamente as actuacións a seguir dende o punto de vista dun microbiólogo, para satisfacer a demanda esixida no suposto
Proba mixta Proba escrita na que se poñerá en valor o grao de coñecemento e comprensión alcanzados polo alumno de todos os aspectos incluídos na materia.