Temas Subtemas
TEMA 1.- INTRODUCIÓN XERAL. Conceptos e termos de uso común en xenética evolutiva. Conceptos estatísticos básicos. Estimas do grao de variación xenética. Distintos tipos de observacións da variación xenética. Unidades evolutivas: dominios, supradominios e factorías multiproteicas. Adaptacións, exaptacións i enxutas.
TEMA 2.- XENÉTICA CUANTITATIVA. Clases de carácteres fenotípicos. Carácteres contínuos. Valor reprodutivo e valor xenotípico dun xenotipo. Valor ambiental. Sensibilidade ambiental dun xenotipo. Descomposición da varianza fenotípica. Herdabilidade. Estima do n.º mínimo de loci (QTL's) que afecta a un carácter. Cartografía de QTL's.
TEMA 3.- CONSECUENCIAS DOS SISTEMAS REPRODUTIVOS E TIPOS DE APAREAMENTO SOBRE A ORGANIZACIÓN DA VARIACIÓN XENÉTICA. Mantemento da variación xenética en poboacións con reprodución sexual e apareamento aleatorio: lei de Hardy-Weinberg (H-W); desviacións das expectativas H-W. Efectos da reprodución asexual e os apareamentos non aleatorios sobre a variación xenética: partenoxénese; consanguinidade e endogamia; sistemas regulares de apareamentos consanguíneos e clasificados.
TEMA 4.- PROCESO DISPERSIVO DAS FRECUENCIAS XÉNICAS EN POBOACIÓNS PEQUENAS. Mostraxe de gametos e varianza das frecuencias xénicas. Modelo Wright-Fisher. Varianza da frecuencia xénica entre illados poboacionais. Consanguinidade dentro de illados. Efectos sobre o grao de heterocigosis do xenoma dun individuo. Concepto de tamaño efectivo de poboación. Estima do tamaño efectivo dunha poboación. Efecto fundador e colos de botella.
TEMA 5: MUTACIÓN E FLUXO XÉNICO. Clases de mutacións: substitucións nucleotídicas; insercións e deficiencias; duplicacións; reordenacións cromosómicas. Taxas de mutación. Cambio nas frecuencias alélicas producido por mutación. Destino dun mutante único. Modelos de mutación en xenética molecular de poboacións. Migración e fluxo xénico. Cambio nas frecuencias alélicas producido por migración; modelo continente-illa; modelo arquipélago. Mutación e migración en poboacións finitas.
TEMA 6: EFECTOS DA SELECCIÓN NATURAL SOBRE AS FRECUENCIAS XÉNICAS E OS FENOTIPOS. Selección natural. Concepto de "fitness" biolóxica. Clases de selección. Modelo haploide. Modelo diploide. Efectos da selección sobre o tamaño de poboación; selección dura vs selección branda. Polimorfismos mantidos mediante coeficientes de selección constantes. Depresión endogámica e vigor híbrido. Resposta correlacionada á selección.
TEMA 7: DESEQUILIBRIO GAMÉTICO E RECOMBINACIÓN. Grupos de ligamento. Cuantificación do desequilibrio. Acción aleatorizante da recombinación. Factores que afectan ao desequilibrio. Beneficio evolutivo da recombinación. Interaccións entre xenes non alélicos na determinación da fitness. Coadaptación xenética. Transmisión horizontal. Proteínas promíscuas. Duplicacións xénicas. Evolución modular.
TEMA 8: INTERACCIÓNS DA SELECCIÓN NATURAL CON OUTRAS FORZAS EVOLUTIVAS. Distribución dos efectos das novas mutacións sobre a fitness. Equilibrio mutación-selección. Lastre xenético: principio Haldane-Muller. Efecto Hill-Robertson. Trinquete de Muller. A dexeneración do cromosoma Y. Lastre segregacional. Equilibrio selección-fluxo xénico.
TEMA 9: ESTIMACIÓN DA FITNESS BIOLÓXICA EN POBOACIÓNS CONTEMPORÁNEAS. Compoñentes da fitness. Cambio da frecuencia xénica ao longo das xeracións. Cambio da frecuencia xénica dentro do ciclo vital. Distribución da variación xenética antes e despois da selección. Técnicas de extracción cromosómica. Erros frecuentes e resultados espúreos na estima da fitness. Principais dificultades para a estima das diferencias de fitness entre xenotipos en poboacións naturais.
TEMA 10: COEFICIENTES DE SELECCIÓN VARIABLES. Constricións evolutivas. Mosaicos ambientais. Variación espacial e/ou temporal en fitness. Selección, fluxo xénico e clinas. Selección dependente das frecuencias. Pleiotropismo antagónico. Conflitos xenéticos. Selección sexual. Cooperación, altruismo e selección familiar: fitness inclusiva.
TEMA 11.- AS TEORÍAS NEUTRAL E CASI NEUTRAL DA EVOLUCIÓN MOLECULAR. Controversias históricas sobre os niveis de heterocigosis do xenoma. Deriva xenética e selección natural. Alelos selectivamente equivalentes. Taxas de evolución. Evolución molecular vs. evolución da forma e función. Diversas predicións da hipótese neutralista. Consecuencias da "case neutralidade" das mutacións.
TEMA 12.- A PEGADA MOLECULAR DA SELECCIÓN NATURAL. MÉTODOS ESTATÍSTICOS PARA POÑER A PROBA A HIPÓTESE NEUTRALISTA. Diversos modelos de evolución das secuencias de DNA. Límites á diverxencia nucleotídica. Estima do número de substitucións nucleotídicas. Taxas de substitución nucleotídica. Monstros esperanzados. Evolución modular. Pseudoxenes. Efectos da selección directa sobre o polimorfismo e a diverxencia nucleotídica. A importancia da recombinación: varrido selectivo e selección de fondo. Probas estatísticas.
TEMA 13.- FILOXENIAS MOLECULARES.

Cladogramas e filogramas. Teoría da coalescencia. Relacións monofiléticas, parafiléticas e polifiléticas. Árbores de xenes e árbores de especies. Métodos de filoxenética molecular. A árbore evolutiva da especie humana.
TEMA 14.- AS ORIXES DAS ESPECIES. Conceptos de especies. Por que existen especies distintas? Modos de especiación. Especiación e paisaxes de fitness: a teoría dos equilibrios cambiantes. Barreiras de illamento reprodutivo entre as especies. Evolución das incompatibilidades xenéticas dos híbridos. Regras xerais da especiación e da diversificación evolutiva. Evolución filética e cladística no rexistro fósil. Teoría dos equilibrios puntuados.
TEMA 15.- MACROEVOLUCIÓN Historia da biodiversidade. Taxas de formación e extinción de especies. Bioxeografía. O concepto de especie en paleontoloxía. Reconstrución do pasado remoto usando a filoxenia. Radiacións adaptativas. A orixe dos plans corporais dos animais: a biota de Ediacara. Extincións masivas. Extincións provocadas pola actividade humana (a "Sexta extinción masiva").