Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Xenética de poboacións e evolución | Código | 610G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | B1 B2 B3 B7 | Na última sesión de seminario, os alumnos realizarán unha proba mixta (test + problemas) sobre os contidos tratados nos tres seminarios anteriores. | 10 |
Prácticas a través de TIC | A7 A21 B2 B4 | Realización de varios exercicios de xenética evolutiva cun ordenador persoal, empregando os programas informáticos utilizados nas prácticas. É imprescindible obter polo menos 15 puntos nesta proba para aprobar a materia. Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A21, A24 e A27. |
25 |
Proba obxectiva | A7 A12 A18 A21 A24 B1 B2 | Conxunto de preguntas de distinto tipo (alternativa múltiple, resposta breve, completar, asociación, etc) relacionadas con calquera dos contidos do temario. Corresponde ao exame final da materia. É imprescindible obter polo menos 35 puntos nesta proba para aprobar a materia. A proba desenvólvese en dúas fases. A primeira delas non é presencial, e consiste en unha serie de cuestionarios na plataforma Moodle, aos que se debe dar resposta en datas e horas prefixadas ao longo do curso. A contribución desta fase á proba é de un máximo de 25 puntos. A segunda fase é un exame presencial con preguntas test de alternativa múltiple, ao que pode levarse todo o material de apoio que se desexe, incluidos ordeadores persoais, pero na que non se permitirá o acceso a INTERNET. A contribución acumulada desta segunda fase xunto ca da primeira á nota final da materia é de un máximo de 65 puntos. Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21, A24 e A27. |
65 |
Observacións avaliación | |||
Consideraranse PRESENTADOS nas actas da materia todos aquele alumnos que se presenten ao exame de prácticas ou á segunda fase da proba obxectiva. A nota final en actas dos alumnos que non acadaran nas prácticas ou na proba obxectiva a nota mínima para aprobar a materia, pero cuxa puntuación acumulativa fose superior a 50, será un 4.9 (SUSPENSO). Na segunda oportunidade utilizarase a mesma metodoloxía de avaliación que na primeira. |