Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os concepto básicos serán desenvolvidos polo profesor en sesións maxistrais de 50 minutos. As clases teñen sido programadas para que o alumnos adquiran os coñecementos de xeito gradual. A aprendizaxe estará asistida por presentacións de power point que estarán dispoñibles na plataforma moodle.
Seminario O obxectivo dos seminarios será reforzar o aprendido nas sesións maxistrais. Todos os conceptos básicos impartidos se repasarán nos seminarios mediante diferentes exercicios, especialmente cuestionarios e diagramas mudos representando os ciclos reprodutivos dos distintos grupos. A asistencia ós seminarios é obrigatoria.
Prácticas de laboratorio Os estudantes analizarán e manipularan diferentes representantes dalgunhas das familias explicadas nas sesiones maxistrais. Nas sesións de laboratorio, os estudantes empregarán floras e claves de identificación para identificar os espécimes seleccionados. Farase especial fincapé nos caracteres adaptativos da súa bioloxía floral ou en adaptacións concretas ó medio ambiente no que se desenvolven.
Saídas de campo Realizarase unha excursión dun día de duración guiada polos profesores. Na excursión se observarán representantes dalgunhas das familias estudadas nas sesións maxistrais, así como o ambiente no que estas medran. Visitaranse algunhas das zonas de Galicia con maior grao de endemicidade e analizaranse as causas que teñen producido esta endemicidade. A asistencia á excursión é voluntaria.
Estudo de casos Os estudantes aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases de teoría e no laboratorio en dous casos prácticos diferentes. Daranse instrucións detalladas para levar a cabo estes proxectos durante os seminarios. Asi mesmo, os profesores empregarán as titorías para controlar a marcha dos traballos. Os proxectos serán levados a cabo por grupos de 3-4 estudantes.