Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de 16 temas cos principais contidos da materia. Cada un deles terá 50 minutos de duración.A asistencia non é obrigatoria pero sí é recomendable.
Seminario Haberá charlas/debate realizadas por algún conferenciante invitado. Tamén se farán análise e discusión sobre algún artigo científico ou documento audiovisual relacionado con temas da materia. Realizaranse asímesmo exercicios para o reforzo do contido teórico dalgún dos temas expostos nas clases maxistrais. Á asistencia non é obrigatoria pero sí moi recomendable.
Proba obxectiva Trátase dunha proba con definicións e/ou preguntas de respostas curtas, sobre conceptos básicos da materia e problemas teórico/prácticos para que sexan resoltos polo alumno.
Alternativamente, os estudantes terán a posibilidade de realizar probas obxectivas parciáis ao longo do curso que lles permitirná aprobar a materia mediante avaliciaón continua.
Estudo de casos Está prevista unha visita á unha das antiguas minas de lignito de Galicia, onde se ve in situ un proceso de restauración ecolóxica coas súas vantaxes e limitacións. Haberá tamén 3 sesións de prácticas nas que se formularán distintos problemas de conservación e xestión sostible de recursos animais , que cada alumno resolverá individualmente ou en grupos. A asistencia é obrigatoria.
Actividades iniciais A primeira hora do curso adicarase a explicar a materia, como vai ser a avalición, os seminarios programados, e a resolver calquera dúbida relacionada ca materia.