Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 65% na nota final (máximo 6.5 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
65
Seminario A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Debates, exercicios escritos (exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario) e actividades relacionadas coa materia da asignatura, desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exercicios escritos de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestas actividades terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. 20
Proba de resposta breve A4 A10 A17 A26 A28 A29 B1 B2 B3 B8 B9 Ao remate das prácticas entregarase o cuestionario das prácticas cuberto e realizarase unha proba escrita sobre o contido das mesmas. A avaliación das prácticas terá en conta ambos, o cuestionario cuberto polo alumno durante as prácticas e o exame que se realizará o último día de prácticas. 15
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programateórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballostutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión ecapacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Terán carácter deNON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio”  e/ou participaran nosdebates desenvoltos nos "seminarios".

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentadoá "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"e/ou participaran nos "seminarios".

-Os alumnos que concorrendo a unha avaliación ; non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio", terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de 5.0.

- O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” que non puidese asistir ás prácticas, terán que pasar un exame de prácticas e obter unha cualificación mínima de 5 para superar a asignatura.

-Os alumnos que non tendo acadado o mínimo de 4 na proba obxectiva do temario, teñan unha calificación de 5 ou superior, figurarán nas actas cunha calificación de 4.9