Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Aplicación dalgunha técnica Estatística a casos prácticos, así como a avaliación das competencias A21, A26, A30, B2, B3, B4, B5, B6, B10, C1, C3 e C6 50
Proba obxectiva Proba para avaliar os coñecementos acadados, así como a avaliación das competencias A21, A26, A30, B2, B3, B10, C1, C3 e C6 50
 
Observacións avaliación

Realizarase un seguimento
continuado da adquisición de coñecementos mediante o control de asistencia as
clases, tanto teóricas como prácticas, a corrección de problemas resoltos polos estudantes, e o nivel mostrado no
desenvolvemento dos seminarios.

Para superar a asignatura (en calquera das convocatorias), ademais do exame oficial, cada alumno terá que realizar un ou dous traballos consistentes na aplicación dalgunha técnica estatística estudada a algún caso práctico. A calificación obtida nos traballos gardarase ó longo do presente curso académico.

Os exames oficiais de maio e xullo constarán de dous tipos
de probas complementarias de avaliación de coñecementos. Unha delas, de
carácter práctico, realizarase no laboratorio e consistirá na resolución dunha
serie de problemas coa axuda dun paquete estatístico. A segunda, de
carácter teórico, será unha proba escrita con preguntas de tipo test ou de resposta breve.

Tanto na convocatoria de maio como na de xullo, será necesario superar as dúas
probas complementarias de avaliación de coñecementos sinaladas nos párrafos anteriores (Traballos tutelados e Proba obxetiva) para obter unha avaliación global positiva da materia.

En calquera caso, superadas as
devanditas probas, a cualificación final poderá ser incrementada ata en 1
punto (sobre 10) en base ós resultados do seguimento continuado ao longo do
curso referido anteriormente.

En calquera das dúas convocatorias anuáis figurará un NON PRESENTADO únicamente naqueles casos nos que o alumnado non participe nos traballos nin se presente ó examen oficial.