Metodoloxías
Descrición
Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Estarán orientadas á resolución de dubidas sobre os contidos da materia e la preparación dos problemas, pero, sobre todo, á preparación das prácticas de laboratorio.
Aqueles alumnos que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporán de atención específica para a atención titorial que se concretará nos seguintes aspectos:
A petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite.
A petición do alumno e nun horario da súa conveniencia, proporáselle traballo específico en forma de boletíns de problemas representativos das competencias da materia. O alumno resolverá devanditos boletíns de forma individual e, de novo, acudirá a titoría para resolución de dúbidas e corrección dos mesmos.
A petición do alumno proporcionaráselle apoio especial a preparación das prácticas de laboratorio, sempre antes de que teña lugar a entrevista co profesor.