Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Durante o curso o alumno recibirá ensinos prácticos. No laboratorio realizará procedementos experimentais relacionados cos contidos teóricos da materia, que lle permitirán adquirir destrezas nas técnicas de preparación, separación e purificación dos produtos orgánicos. O alumno deberá elaborar un caderno de laboratorio, onde recollerán os ensinos recibidos, os cálculos estequiométricos, os procedementos de reacción e de elaboración e as respostas ás cuestións expostas nos guións experimentais.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Os guións dos contidos e/ou as presentacións atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento das leccións. Coa axuda destes materiais e outros recursos bibliográficos, os alumnos deberán preparar as leccións de maneira previa á súa impartición. Incentivarase a participación dos alumnos, coa intención de que se formulen preguntas ou e-mails ao profesor antes ou despois da lección.
Seminario Durante o curso realizaranse seminarios onde se resolverán exercicios. Os exercicios a resolver atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento dos seminarios. Os alumnos deberán traballar nos problemas dos boletíns de maneira previa ao desenvolvemento dos seminarios.
Os seminarios constitúen sesións de traballo organizadas en grupos, onde os alumnos exporán oralmente (con apoio gráfico na lousa) algúns problemas dos boletíns, sobre os que deberán elaborar previamente solucións escritas que deberán entregar ao profesor antes do inicio das sesións. Alternativamente poderase solicitar a participación a través da plataforma Teams.
Proba mixta Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro) onde os alumnos deberán resolver cuestións e problemas sobre os contidos da materia, que serán análogos aos expostos durante as sesións presenciais (seminarios e prácticas de laboratorio)