Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Levaranse a cabo proxectos experimentais directamente relacionados coa materia tratada nos distintos bloques temáticos e que a complementen. Abordarase a planificación dos experimentos, a obtención de resultados experimentais, a súa discusión e a súa redacción e presentación, seguindo os diversos pasos do método científico.
Seminario Esta actividade está pensada para ser realizada en grupos o máis reducidos posible, co obxectivo de profundizar dun xeito dinámico e argumentativo nos distintos temas. O seu éxito depende da participación activa do alumnado. Abordaranse casos, problemas e cuestións relacionados coa materia tratada nos distintos bloques temáticos.
Proba mixta Combinación de distintos tipos de preguntas: tipo test e de problemas, resposta breve ou de tipo ensaio, avaliando coñecementos, capacidade de razonamento e espíritu crítico. Dividirase en dúas partes, un test e unha de desenvolvemento de problemas e/ou casos. Ambas terán o mesmo valor: 50% da proba mixta.
Discusión dirixida Esta actividade está pensada para ser realizada en grupos o máis reducidos posible, co obxectivo de profundizar dun xeito dinámico e argumentativo nos distintos temas. O seu éxito depende da participación activa do alumnado. Discutiranse polo miúdo datos experimentais relacionados con casos relacionados coa materia.
Sesión maxistral Exposición con apoio audiovisual ou de pizarra na que se expoñen aspectos fundamentais da asignatura, con posibilidade de participación do alumnado. Contémplase a participación, para un número reducido de horas, de profesorado colaborador especialista na materia.