Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A4 A5 B2 B4 B5 B8 B9 B11 C2 C5 C8 C9 Proba escrita para responder a cuestións teóricas e resolver exercicios relacionados cos contidos das clases teóricas, seminarios e prácticas. 70
Prácticas de laboratorio B9 B11 C2 C5 C8 C9 Na avaliación desta actividade téñense en conta o traballo de laboratorio e a Memoria de Resultados. 20
Seminario B2 B4 B5 B8 B9 Terase en conta o traballo realizado polo alumno nos seminarios. 10
 
Observacións avaliación

- A asistencia ás prácticas e a entrega da Memoria, son requisitos imprescindibles para superar a materia.

- Para superar a materia será necesario obter unha nota non inferior a 4,5 sobre 10 na proba mixta e acadar, sumando as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5,0.

- Se non se acadara a nota mínima da proba mixta final, a materia figurará como suspensa, aínda que a media das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a nota final outorgada será de 4,5.

- A cualificación de matrícula outórgase preferentemente na primeira oportunidade.

- Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e manterase a cualificación do resto de actividades.

- A cualificación de non presentado concederáselles aos que non se presenten á proba mixta, e non asistan ás prácticas.

-O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que non poida asistir aos seminarios, poderá ter asignados diferentes traballos/problemas ao longo do curso para ser expostos en horario de titoría.