Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 B1 B2 B9 B10 B12 B13 C6 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 0
Traballos tutelados A1 A2 A13 A14 A15 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B11 B13 C1 C2 C5 C7 Metodoloxía onde o suxeito deberá profundizar no estudo dunha materia o cuestión específica dentro dos contidos da asignatura mediante a realización de un traballo de investigación baixo a tutela dun profesor que orientará ao alumno sobre as principais liñas a seguir, resolvendo todas aquelas dúbidas que durante a realización do mesmo puidesen plantexarse. Esta metodoloxía implica, por unha parte, un elevado grado de autonomía do alumno que deberá definir a estructura do traballo e xestionar os materiais a empregar (lexislación, xurisprudencia e doctrina); e, por outra, potencia a mellora das súas habilidades de interpretación, argumentación e redacción de textos xurídicos. 0
Proba obxectiva A13 B2 B4 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.

A Proba obxectiva consistirá na resolución dun caso práctico que haberá de facerse e entregarse de maneira presencial, salvo que a situación sanitaria o impida, en cuxo caso farase por medios telemáticos.
100
 
Observacións avaliación

Respecto ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, nas dúas oportunidades, manterase a mesma podenderación enriba descrita respecto aos instrumentos de avaliación. Desa maneira:

-A entrega dos traballos correspontes aos apartados "Análise de fontes documentais" e "Estudo de casos", que se fará a través dos medios acordados cos profesores ao inicio do curso, terán un peso do 20% na cualifación final da asignatura.
-Respecto ao sinalado no apartado de "Proba oral", manterase tamén a porcentaxe do 80% na cualificación final da asignatura.

En relación cos distintos traballos que os alumnos deban entregar ao profesor para a súa cualificación, a súa realización fraudulenta implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.