Temas Subtemas
O TFM supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun traballo baixo a supervisión dun ou máis directores.
Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do mestrado.
O alumno pode elixir o tema do TFM atendendo, no seu caso, ás directrices e orientacións marcadas polo titor.