Temas Subtemas
Non existe un temario de contidos teóricos propiamente dito. Durante as aulas utilizarase unha metodoloxía centrada na práctica das destrezas lingüísticas e ofrecerase ao alumnado diversos recursos e ferramentas que reforcen a súa capacidade de autonomía e responsabilidade no proceso de aprendizaxe. • A UE e as linguas.
• Os portais comunitarios. Aproveitamento lingüístico. Principais ferramentas e recursos de axuda linguïstica para a lingua francesa (glosarios, thesaurus, bases terminolóxicas, manuais de estilo...)
• Outros portais xurídicos francófonos. Aproveitamento lingüístico.
• Outros recursos lingüísticos.