Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A3 A5 A10 B2 B3 B4 B6 B14 B16 C5 C6 C9 Exercicios coa resolución dos casos plantexados polo profesor 80
Sesión maxistral A1 A2 C5 C10 O alumno participa activamente en clase achegando ideas críticas e correctamente fundamentadas. No caso de non haber docencia, a proba práctica computará o 100% da avaliación 20
 
Observacións avaliación

Avaliación en primeira oportunidade

Ao tratarse dun Mestrado
semipresencial, para poder ser avaliado haberá que cumprir con unha
asistencia mínima do 80% ás clases (máximo un 20% de ausencias non
xustificadas). En caso de non cumprirse ese mínimo, non cabe a posibilidade
ser avaliado e, en consecuencia, na primeira oportunidade aparecerá un “non
presentado”. Tales estudantes haberán de ser avaliados en segunda
oportunidade.

 

Avaliación en segunda
oportunidade

A avaliación en segunda
oportunidade diferénciase de acordo coas seguintes circunstancias:

- aos alumnos/as que non
alcanzaron o 80% de asistencia se lles propoñerán actividades de avaliación
que lles permitan acadar o 100% da calificación final.

- aos alumnos/as que
suspenderan as actividades de avaliación se lles manterán os mesmos criterios
de avaliación que na primeira oportunidade.

 

Alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: o
s criterios
de avaliación no esixirán o requisito de asistencia mínima d 80% ás clases,
nin na primeira nin na segunda oportunidade. A avaliación consistirá nun
traballo tutelado, que terá un valor do 100% tanto en primeira oportunidade
como en segunda oportunidade ou, no seu caso, actividades de avaliación que
lles permitan acadar o 100% da calificación final.