Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A9 A10 A11 Lecturas / Estudo de Casos / Discusión dirixida / Traballos prácticos individuais ou colectivos 15
Proba obxectiva B2 B3 Prueba obxetiva: oral, escrita ou tipo test 85
 
Observacións avaliación


SITUACIÓN DOS ESTUDANTES CON
DEDICACIÓN OU DISPENSA A TEMPO PARCIAL:



 



Os estudantes con dedicación ou dispensa a
tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida polo Decano da
Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas presenciais (pódese
consultar a normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial), poderán
ser avaliados mediante unha proba obxectiva que representará o 100% da nota
final da materia, sen necesidade de que entreguen as prácticas ou actividades
interactivas. Non obstante, se o alumno desexa optar polo sistema de avaliación
continua, deberá facelo constar por escrito ao profesor e obter a súa
aprobación tamén por escrito.



 



SANCIÓN POR COPIA OU PLAXIO:



 



Calquera intento de copiar nos exames ou
plaxiar os traballos ou as prácticas pode ser penalizado cunha nota directa de
"SUSPENSO: 0 puntos", independentemente do desenvolvemento do resto
do exercicio ou exame.



 



PREVISIÓNS PARA A PRIMEIRA
OPORTUNIDADE:



 



Para aprobar o curso, os estudantes deberán
acadar unha nota mínima de 5 sobre 10 nas probas obxectivas. Así as cousas,
calcularase o 85% e engadiranse as puntuacións obtidas nas tarefas prácticas e
interactivas, no seu caso.



 



O tipo de exame será confirmado, con
antelación suficiente, por cada un dos profesores responsables aos seus alumnos
na aula.



 



PREVISIÓNS PARA A SEGUNDA
OPORTUNIDADE:



 



Para aprobar o curso, os estudantes deberán
acadar unha nota mínima de 5 sobre 10 puntos nas probas obxectivas. Así as
cousas, calcularase o 85% desa cualificación e engadiranse as puntuacións
obtidas nas tarefas prácticas e interactivas, no seu caso.



O tipo de exame será confirmado por cada un
dos profesores responsables de cada grupo aos seus alumnos na aula.



 



As cualificacións das actividades prácticas e
interactivas manteranse para a segunda oportunidade (xullo).



 



Como
regra xeral, non está permitida a recuperación de actividades prácticas para a
segunda oportunidade. Atendendo a circunstancias graves ou excepcionais
previstas na normativa e debidamente acreditadas, o persoal docente podería
permitir esta recuperación.