Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Nas clases prácticas, o docente organizará debates sobre temas penais de actualidade.
Aprendizaxe colaborativa Os estudantes traballarán en grupo diversos temas, debendo mostrarse activos e colaboradores cos compañeiros do seu grupo.
Estudo de casos A praxe é un dos elementos clave da nosa disciplina. Por el, a formulación e resolución de casos prácticos en clase será un dos elementos basilares do desenvolvemento da docencia.
Eventos científicos e/ou divulgativos Ao longo do curso, a Área organizará diversas xornadas, conferencias, etc. sobre temas de interese para o estudante, complementándose así a súa formación.
Lecturas Ao longo do curso poderá proxectarse un filme, que será a base para a análise dalgunhas cuestións penais básicas.
Presentación oral A lo largo del curso, los estudiantes deberán presentar ante sus compañeros las conclusiones del trabajo tutelado al que se hace referencia infra.
Proba obxectiva Formulación de preguntas acerca dos temas do programa da materia
Proba oral Non haberá proba oral.
Saídas de campo Organizaranse visitas aos diversos xulgados e tribunais da cidade, co fin de que o estudante poida ver in situ o desenvolvemento da praxe xudicial.
Sesión maxistral Tendo en conta que o programa vén dividido en 21 leccións, a metodoloxía docente discorrerá do seguinte modo: a cada lección corresponderalle unha hora teórica na que -mediante o sistema de lección maxistral- o docente introducirá o estudante nos aspectos básicos de cada tema. Como soporte ás súas explicacións, o docente poderá proporcionar materiais (sentenzas, extractos de obras doutrinais...) e, eventualmente, un esquema-guía cos puntos clave do desenvolvemento da súa explicación. En todo caso, a explicación do docente deberá ser complementada polo estudante tanto cos materiais que lle fosen proporcionados ao efecto como pola consulta dos manuais que aparecen na bibliografía recomendada.
Solución de problemas O docente formulará tanto nas horas teóricas coma nas prácticas problemas conceptuais de certo calado, debendo o alumno, apoiado polos materiais ofrecidos e o razoamento xurídico, ofrecer posibles solucións (en todo caso, sempre deberán ser fundamentadas e razoadas).
Análise de fontes documentais Análise das principais fontes de Dereito penal
Traballos tutelados Ao longo do curso, o docente poderá tutorizar traballos sobre aspectos particularmente interesantes do programa co fin de que o estudante adquira certas nocións de como se investiga nas disciplinas xurídicas, manexo de bibliografía etc.
As conclusións do devandito traballo deberán ser presentadas ante os seus compañeiros, fomentándose así o intercambio de ideas.