Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada ao estudante non estará vinculada a só unha metodoloxía, senón que será constante. Neste sentido, tanto o contido das clases teóricas, como o estudo persoal do alumno, coma calquera das actividades que integran o curso contarán coa posibilidade dunha tutorización por parte do docente, co fin de que o estudante poida formular as súas dúbidas e dificultades e que o docente poida axustar as súas metodoloxías ás especificidades da persoa concreta. Para estes efectos, o estudante poderá contar con atención personalizada (sempre, loxicamente, dun modo organizado) tanto nas horas lectivas coma nos horarios de titorías.