Metodoloxías
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Descrición
A atención persoalizada ao alumnado non estará vencellada a só unha metodoloxía, senon que será constante. Neste senso, tanto o contido das clases teóricas, como o estudo persoal do estudantado, como calquera das actividades que integran o curso contarán coa posibilidade dunha tutorización por parte dos docentes, a fin de que o alumnado poda plantexar as suas dúbidas e dificultades e que os docentes podan axustar as suas metodoloxías ás especificidades da persoa concreta. A estes efectos, o estudantado poderá contar con atención persoalizada (sempre, lóxicamente, dun modo organizado) tanto nas horas lectivas como nos horarios de tutorías.