Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Filosofía do Dereito | Código | 612G01026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
1. A Filosofía do Dereito como comprensión e como crítica do Dereito contemporáneo. | 1. A Filosofía como saber histórico. 2. Pensar o propio tempo, tarefa da Filosofía do Dereito. 3. Por onde comezar? O problema do punto de partida. A paradigma dominante como punto de partida: a Modernidade (cultural, política e xurídica) e o positivismo xurídico. |
2. Modernidade xurídica e positivismo xurídico. | 1. O positivismo xurídico: aproximación descritiva. 2. As bases teóricas e ideolóxicas do Estado moderno. 3. As transformacións do Dereito a partir da Codificación. 4. A aspiración a facer do Dereito unha ciencia: a ciencia xurídica nos séculos XIX e XX. |
3. As deficiencias da paradigma positivista. | 1. A unilateralidade do concepto positivista de Dereito. 2. As dificultades do positivismo para explicar a práctica xurídica e para proporcionar instrumentos que permitan operar nela. 3. O carácter ideolóxico do cientificismo e a índole necesariamente valorativa da actividade xurídica. |
4. O Dereito actual: evolución dos sistemas xurídicos occidentais desde a segunda metade do século XX e comezos do XXI | 1. Constitucionalización dos sistemas xurídicos. 2. Superación do marco do Estado e da ecuación Estado-Dereito. 3. O debate sobre as fontes da lexitimidade: democracia e/ou rule of Law ou Estado de Dereito. 4. Novos dereitos humanos fronte a dereitos humanos clásicos |
5. Intentos de canalizar a dimensión argumentativa e deliberativa do Dereito. | 1. Algunhas teorías da argumentación. Aportacións e límites. |
6. Bases para a construción dunha filosofía xurídica capaz de dar conta do Dereito actual. | 1. Unha perspectiva hermenéutica fundada ontoloxicamente. 2. O Dereito como forma de coexistencia. |
7. As teorías da xustiza e as súas proxeccións nos debates contemporáneos | 1. As matrices históricas: utilitarismo, libertarismo, kantismo e aristotelismo. 2. Mercado e moral. 3. A xustiza política e a ética socialdemócrata contemporánea (Rawls). 4. Argumentos a favor e en contra da discriminación positiva. Feminismo e políticas de xénero. 5. A cuestión dos méritos. 6. Virtude cidadá e as esixencias e límites da lealdade: o que nos debemos uns a outros. 7. Xustiza e ben común. 8. Sustentabilidade. 9. A invasión dos mercados sobre a moral: da subrogación do corpo feminino á compra de honras. 10. A débeda norte-sur e a responsabilidade dos países desenvolvidos. |