Metodoloxías Descrición
Presentación oral O alumnado abrirá a discusión de cada sesión mediante unha pequena presentación relacionada cos textos que
correspondan para cada sesión.
Traballos tutelados Coa supervisión do profesor, o alumnado producirá un traballo de investigación.
Seminario En cada sesión o alumnado deberá levar os textos propostos lidos e pensados. A dinámica da clase consistirá nun debate
dirixido polo profesor no que o estudantado deberá participar activamente.