Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario.
Discusión dirixida Presentación polo profesor ou polo alumnado dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais.
Traballos tutelados Realización dun breve estudo relacionado cos asuntos abordados no seminario. Este traballo poderá ser realizado de maneira individual ou colectiva (de acordo coa planificación realizada polo profesor no inicio do seminario).
Lecturas Realización dunha seria de lecturas breves previamente seleccionadas polo docente relacionadas directamente cos contidos abordados no seminario.
Prácticas a través de TIC Aplicación e teste das TIC aos estudos na cultura.
Seminario Traballo en grupo a partir da exposición oral ao conxunto da turma dos resultados dos traballos tutorizados e/ou dalgunha lectura das atribuídas polo profesor no inicio das sesións. Durante os seminarios, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o seminario.