Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte a materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado.
Sesión maxistral Nestas sesións daránse as claves teóricas e describiránse conceptos básicos para fixar as nocións fundamentais que se precisan para o desenvolvimento do resto das metodoloxías de aprendizaxe.
Lecturas A través das lecturas os alumnos descubrirán perspectivas diferentes do obxeto de estudo, e ampliarán os coñecementos obtidos na aula.
Proba mixta O alumno terá que realizar unha proba mixta na que demostre a súa aprendizaxe, tanto de contidos teóricos coma prácticos.
Obradoiro O obradoiro consta dunha serie de exercicios prácticos diversos nos que se persigue o dominio da disciplina mediante a práctica e a metodoloxía. Os alumnos farán comentarios, manipularán textos, farán exposicións e articulacións de ideas conrecreación intelectual dos contextos históricos e situacións comunicativas,agás da reflexión estética e a contextualización socio-histórica.