Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado deberá coñecer as relacións entre a literatura e o teatro, o audiovisual, a música e a danza a través da historia e en contextos culturais diversos. AM1
AM3
CM4
O alumnado deberá coñecer os principais focos de información e de reflexión teórica relativas ao estudo das relacións entre a literatura e as producións espectaculares e saber integrar as achegas dos principais grupos investigadores do ámbito académico . AI2
AI3
BP3
BP5
CM5
CI2
O alumnado deberá saber empregar a rede informática na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, adquirir a capacidade de utilizar as ferramentas TIC necesarias para o exercicio profesional e investigador. AM2
AM4
AI3
BP3
BP4
O alumnado deberá deseñar e realizar un traballo de investigación orixinal, rigoroso e de extensión limitada en que se analicen as relacións de certos produtos espectaculares coa literatura, pondo en relación os estudos literarios con contextos culturais diversos. AM2
AI1
BP3
BP7
CI3
O alumnado deberá saber traballar de forma autónoma e con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. AM3
BP2
BP4
CM1
CM5
CI1