Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, ora de adaptación dramatúrxica, ora de análise da adaptación ao audiovisual dun texto literario. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -nun espazo de traballo colaborativo en liña-, como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Presentación oral Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación do mesmo por parte dos compañeiros.
Discusión dirixida O alumnado participará –presencialmente e através do espazo de traballo colaborativo en liña– en discusións dirixidas polo profesor sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.