Metodoloxías Descrición
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Sesión maxistral Exposición de contidos teóricos e principais fontes de información por parte do docente.
Proba mixta As probas mixtas desenvolveranse como discusións dirixidas.
As sesións consistirán principalmente na realización destas discusións, tuteladas polo profesor, en que o alumnado deberá participar activamente. Previamente, as/os estudantes deberán preparar as discusións coa lectura dos artigos especializados indicados.
Tamén se realizarán discusións dirixidas asíncronas, através do espazo de traballo colaborativo en liña.
Traballos tutelados Análise individual dun exemplo de hipertexto fornecido polo docente e presentación oral dos resultados ao grupo.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas previas ás sesións, así como as necesarias para o estudo de casos.