Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A profesora presentará contidos teórico-criticos pertinentes da materia obxecto de estudo.
Lecturas O alumno preparará diversas lecturas asignadas pola profesora.
Seminario O alumno levará a cabo distintas actividades relacionadas coa materia mediante a combinación de metodoloxías como discusión dirixida, debate, etc. para familiarizarse coa perspectiva crítica interdisciplinar.
Análise de fontes documentais O alumnado realizará unha analise de fontes documentais sobre as ideas e concetos da arte a partir de documento do século XVII sobre estes temas.
Traballos tutelados Os alumnos desenvolverán un traballo, previamente consensuado coa profesora, sobre aspectos relacionados coa materia.