Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A7 A12 B10 Valoraranse os traballos individuais como resultado do aproveitamento e da metodoloxía aplicada a un tema previamente acordado coa profesora e realizado baixo a súa supervisión. 70
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A7 A8 Traballo en grupo que permite valorar xunto á asistencia a capacidade de colaboración e análise crítica adquirida. 15
Seminario A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A8 A9 A12 B4 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Traballo participativo, de intercambio e debate permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula. 15
 
Observacións avaliación

Recibirán a cualificación de "Non Presentado" aqueles alumnos que non entreguen o traballo tutelado.



Na segunda oportunidade, gardaranse as notas de todolas actividades
superadas. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou de
modalidades específicas de aprendizaxe e apoio a diversidade, o
profesorado responsable poderá adoptar as medidas que considere
oportunas para non perxudicar ao alumno.      

Non obstante o anterior, o alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa
certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as actividades alternativas que se determinen.