Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
ORIENTACIÓN XERAL
A profesora orientará aos/ás estudiantes na preparación das sesións de seminario e na realización do traballo titorizado.
A orientación realizarase de forma individualizada e facilitaranse indicacións por escrito cando for preciso.

DISPENSA ACADÉMICA
As persoas con dispensa académica serán obxecto de acompañamento especial.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A UDC conta cun unha oficina (ADI) especializada en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O/A estudante que o desexar pode pórse en contacto coa ADI escribindo a adi@udc.gal ou telefonando ao número 881 015 622. Máis información en: http://www.udc.es/cufie/uadi/.