Metodoloxías Descrición
Lecturas Realización dunha serie de lecturas recollidas nos apartados 3 e 8 desta guía así como na plataforma moodle.
Traballos tutelados A/o alumna/o realizará un traballo tutelado sobre algunha das obras de lectura obrigada. A extensión e características dese traballo serán acordadas na aula, en horario de atendemento ou a través do correo electrónico, entre a profesora e cada estudante.
Análise de fontes documentais Lectura e comentario de textos que se realizará na aula e con carácter colectivo.
Sesión maxistral Exposicións do docente co fin de introducir o contexto histórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.