Metodoloxías Descrición
Lecturas Para cada tema, será establecido un conxunto de lecturas, que se publicarán no Campus Virtual.
Traballos tutelados A/o alumna/o realizará un traballo tutelado sobre algún dos contidos da materia ou sobre algunha das obras de lectura obrigada. A extensión e características dese traballo serán acordadas na aula, en horario de atendemento ou a través do correo electrónico, entre o profesorado e cada estudante.
Análise de fontes documentais Lectura e comentario de textos que se realizará na aula e con carácter colectivo.
Sesión maxistral Exposicións do docente co fin de introducir o contexto histórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.