Metodoloxías Descrición
Presentación oral O/A estudante presentará na aula un dos temas propostos polo/a docente desde unha óptica crítica, mais achegando a súa visión particular.
Seminario O/A alumno/a deberá participar activamente na aula colaborando nas discusións dunha maneira crítica e realizando, ben individual ben grupalmente, pequenas tarefas programadas para cada sesión.
Análise de fontes documentais Para acompañar os contidos fornecidos durante a aula, participar nas discusións desenvolvidas durante os seminarios e levar a cabo a presentación oral, o/a estudante terá que realizar unha serie de lecturas que o/a profesor/a indicará o primeiro día do curso e/ou ao longo das sesións.