Metodoloxías Descrición
Lecturas O/a estudante disporá dun dosier de lecturas obrigatorias de curso, ademais dunha listaxe de lecturas recomendadas. Os materiais correspondentes a cada tema deberán ser lidos puntualmente polo(a) estudante antes de ser tratados na aula, seguindo as indicacións do profesor.
Sesión maxistral O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia.
Obradoiro Unha grande parte das aulas presenciais responderán á estrutura de obradoiros, con estudos de caso, debates, solución de problemas, etc. Dada a carga horaria dispoñible, tenderán a ser de curta duración, mais serán de gran relevancia na avaliación do(a) estudante.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa terá un papel fundamental: ao longo do curso realizaranse distintas tarefas, estudaranse casos e resolveranse problemas en grupo. Prestarase moita atención á participación do estudante.
Prácticas a través de TIC Unha parte importante das actividades desenvolvidas requerirán a utilización de TIC.
Traballos tutelados O/a estudante realizará un traballo académico individual. O tema será acordado co profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento deste traballo.
Proba obxectiva O/a estudante poderá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia para a súa avaliación na segunda oportunidade de xullo. Esta proba terá carácter teórico e práctico.