Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición da profesora complementada co uso de medios audiovisuais coa finalidade de sintetizar informacións básicas da materia, para o posterior traballo de cada estudante.
Obradoiro Conxunto de actividades eminentemente prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno realizará ao longo do curso.
Traballos tutelados O alumno elaborará un traballo escrito individual tutelado pola profesora.
Lecturas Realización de lecturas necesarias para a formación do estudante respecto ao contido do curso.