Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B4 B8 C1 C3 C5 C7 O 55% da cualificación desta materia analízase en dous conceptos: o 10% por asistencia e participación nas clases, por unha parte, e o 45% por taller, por outra.

No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras.
55
Traballos tutelados A7 A10 B2 B3 B5 B10 C6 C8 Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será aconsellable o seguimento por parte da profesora.
Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumno para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo de forma eficaz. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión.

No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras.
45
 
Observacións avaliación

- Na segunda oportunidade (mes de xullo), aqueles
estudantes que non superasen a materia, que asistisen
regularmente a clase e que realizasen un 60% das actividades propostas
terán que repetir unicamente aquelas actividades ou probas non superadas. En
os casos restantes, serán avaliados pola realización de traballos tutelados propostos
polo profesor.
- Cualificarase como «NP» (non presentado) a
quen non entregue o traballo final tutelado en ningunha das dúas
oportunidades.
-Con respecto á realización de exercicios
prácticos e ao traballo final, deben entregarse no prazo fixado polo
docente. Esta resérvase o dereito de penalizar o material recibido fóra de
prazo.