Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentaranse os contidos teóricos facendo uso de transparencias en Power Point, así como de distintas interfaces na web. Potenciarase en todo momento a discusión e o debate
Traballos tutelados O alumnado deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o/a estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Trátase de executar a idea de aprender facendo ou realizar para comprender.
Lecturas O alumnado apoiará os seus traballlos tutelados en diferentes lecturas de artigos.
Obradoiro O complemento das sesións teóricas. Os estudantes desenvolverán prácticas tanto individuais como por grupos. Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación.