Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica, por parte do profesorado, dos contidos da materia.
Lecturas Lectura de artigos puntuais sobre aspectos concretos do temario.
Obradoiro Realización de prácticas nas que se inclúen procuras de solución a determinados problemas, probas de discriminación, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise crítica de determinadas lecturas, traballo en grupo.
Traballos tutelados Traballo en grupo no que se aplicarán os coñecementos adquiridos á detección de erros e corrección de textos de forma xustificada. A preparación do traballo farase baixo a tutela do profesorado. As indicacións para a realización do mesmo serán distribuidas entre o alumnado a través da plataforma Moodle.
Análise de fontes documentais O alumnado realizará actividades para a súa familiarización coas fontes documentais esenciais da materia, a fin de facilitar o seu desempeño e autonomía no proceso de ensino-aprendizaxe.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a conferencias e seminarios relacionados coa materia.