Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumno realizará, fora da aula, unha serie de lecturas de textos básicos que o profesor lle indicará.
Sesión maxistral O profesor presentará os aspectos xerais do programa e desenvolverá aqueles apartados que considere de especial dificultade; impartiranse nas sesións xerais de carácter expositivo.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumno asistirá a unha serie de sesións científicas que o profesor lle indicará.
Portafolios do alumno O alumno deberá realizar ao longo do curso toda unha serie de actividades encomendadas polo profesor, que terá que recoller nunha carpeta ou arquivador que presentará o día da proba mixta.
Aprendizaxe colaborativa Nas sesións interactivas e de grupos reducidos procurarase traballar sobre a materia do curso con esta metodoloxía.
Proba mixta Exame final de carácter teórico e práctico no que o alumno deberá demostrar os coñecementos e competencias adquiridas.