Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumno realizará, fora da aula, unha serie de lecturas de textos básicos que o profesor lle indicará.
Sesión maxistral O profesor presentará os aspectos xerais do programa e desenvolverá aqueles apartados que considere de especial dificultade; impartiranse nas sesións xerais de carácter expositivo.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumno asistirá a unha serie de sesións científicas que o profesor lle indicará.
Traballos tutelados Traballo de tipo práctico.
Portafolios do alumno O alumno entregará todas as actividades realizadas ao longo do curso, debidamente organizadas, e unha pequena reflexión sobre a utilidade que para el tiveron.
Obradoiro En clase realizaranse diversas actividades, como comentarios de texto, relacionados con algún aspecto concreto do temario.
Proba mixta Exame final de carácter teórico e práctico no que o alumno deberá demostrar os coñecementos e competencias adquiridas.