Metodoloxías Descrición
Lecturas O estudante terá que realizar ao longo do cuadrimestre as lecturas relactivas ás fontes primarias e segundarias da materia. A lectura das obras deberá estar finalizada con antelación ao momento no que comece a súa explicación nas aulas de aprendizaxe colablrativo. As lecturas deberán facerse nas edicións recomendades na bibliografía. Proporcionarase ao estudante unha selección de textos de bibliografía segundaria para a contextualización dos temas.
Aprendizaxe colaborativa Ao non existir na nomencaltura da guía a correspondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, adoptase esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto literario aplicado aos textos obxectos da materia. Para realizar esta actividade, o estudante deberá ter traballado previamente o texto proposto para a análise de xeito a poner en común os resultados do seu traballo.
Traballos tutelados Partindo das obrase dos autores obxecto da materia, ofrecerase ao estudante unha selección de posibles traballos de diversos tipos. O traballo será individual e a profesora supervisará o desenvolvemento do mesmo en hora de titorías.
Sesión maxistral Haberá unha sesión maxistral por semana de noventa minutos de duración. LA responsabilidade desta sesión recae sobre a profesora. Os obxectivos das sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables para os periodos literarios abordados dos xenéros e autores estudados
Actividades iniciais No primeiro día de aulas os estudantes realizarán individualmente un comentario de texto literario por escrito co fin de determinar o nível xeral e adecuar así a impartición da materia cara a obxectivos de mellora e progreso. Nesta mesma sesión, darase conta das ferramentas metodlóxicas introductorias á materia.
Proba mixta Na data oficial marcada polo Centro, o estudante realizará unha proba na que desmostrará os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.