Metodoloxías Descrición
Lecturas O estudante terá que realizar ao longo do cuadrimestre as lecturas relativas ás fontes primarias e secundarias da materia. A lectura das obras deberá estar finalizada con antelación ao momento no que comece a sía explicación nas aulas de aprendizaxe colaborativo. As lecturas deberán facerse seguindo a selección realizada polos profesores que o estudante atopará na reprografía da Facultade. No caso de obras máis extensas, haberá que seguir as edicións que se mencionan na bibliografía desta guía. É importante que todos os estudantes conten coas mesmas edicións, alén da calidade filolóxica dos textos recomendados, para facilitar o seguimento das explicacións na aula e as correccións posteriores de traballos e exames. Na introducción a cada unha das seccións, proporcionarase ao estudante unha selección de textos de bibliografía secundaria para a contextualización dos temas.
Aprendizaxe colaborativa Ao non existir na nomencaltura da guía a correspondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, adoptase esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto literario aplicado aos textos obxectos da materia. Para realizar esta actividade, o estudante deberá ter traballado previamente o texto proposto para a análise de xeito a poner en común os resultados do seu traballo.
Traballos tutelados Partindo das obras dos autores obxecto da materia, ofrecerase ao estudante unha selección de posibles traballos de diversos tipos. O traballo será individual e os profesores supervisarán o desenvolvemento do mesmo en hora de titorías.
Sesión maxistral Haberá unha sesión maxistral por semana de noventa minutos de duración. A responsabilidade desta sesión recae sobre os profesores. Os obxectivos das sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables para os periodos literarios abordados dos xenéros e autores estudados
Proba mixta Na data oficial marcada polo Centro, o estudante realizará unha proba na que desmostrará os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.