Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumnado estará ao día das lecturas recomendadas pola profesora ao inicio de cada tema. Estas lecturas son fundamentais para o seguimento da materia.
Sesión maxistral A profesora exporá na aula os contidos principais de cada tema.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán un traballo tutelado, ben de xeito individual, ben en grupo. O profesorado proporcionará os temas e lecturas para o mesmo, ao igual que as indicacións precisas para a súa elaboración a través da plataforma Moodle. O seguimento dos traballos realizarase en horario de titorías.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia aos eventos científicos –sesións de congresos, coloquios, conferencias– relacionados cos contidos da materia.
Estudo de casos Unha parte da materia consistirá na realización de exercicios, comentarios e debates nos que os alumnos aplicarán os coñecementos adquiridos ao longo das sesións teóricas da materia.