Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Sesión maxistral
Obradoiro
Lecturas
Descrición
As actividades dos obradoiros levarán consigo unha fase de preparación e seguimento que implica o uso das titorías.
A atención personalizada faise especialmente necesaria nas actividades cuxa formulación ou desenvolvemento sexan diferentes para cada estudante, e en concreto o traballo tutelado.
Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, polo tanto, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios, o traballo tutelado e o exame final.
As titorías poderán ser presenciais ou realizarse mediante correo electrónico, os foros da plataforma Moodle ou Teams.